Noticias

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Noticias

lunes 02/11/2009

As obras do centro deportivo da auga van estar rematadas a principios de ano

As obras do centro deportivo da auga van estar rematadas a principios do próximo ano, segundo as previsións que manexa o Goberno local de Carral. A nova infraestrutura contará cunhas instalacións terapéuticas na que a auga vai ser o elemento fundamental, segundo o Concello de Carral so Casa da Auga da Coruña e algún balneario de última xeración posúen medios similares aos da nova instalación que se está a construír en Paelo.

Segundo a empresa adxudicataria da obra, Abeconsa, S.L., xa vai executado un 79 por cento do proxecto e probablemente o centro vai estar rematada o 31 de decembro próximo, que é o prazo de execución estipulado na adxudicación, por si houbera algún imprevisto a empresa construtora xa pediu unha proroga de un mes. Así, nestes momentos estanse a instalar os circuítos biosaúdables, que ocupan aproximadamente a metade dos 800 metros de superficie do edificio.

O equipamento do centro está dirixido ao coidado da saúde a través da auga e conta cun baño de vapor, tamén coñecido como baño turco; una Pediluvio, un camiño de grava con chorros de auga a diferente temperatura e presión para mellorar a circulación e a recuperación muscular dos pes; dúas duchas biotérmicas, unha delas tamén vai contar con aromaterapia e cromoterapia, unha bañeira de hidromasaxe de seis praza e unha piscina de 5 por 4,20 metros preparada para que nela poidan introducirse aparatos destinados a rehabilitación funcional muscular e ósea de persoas con problemas de saúde deste tipo.

No que toca a zona deportiva do centro, vai ser complementaria dos circuítos de biosalud de auga e vai contar cun ximnasio do redor dos 400 metros de superficie. As instalacións complétanse con unha zona de vestiarios e duchas convencionais.

Actuación integral
O centro deportivo da auga do Concello de Carral estase a erguer nunha parcela municipal de 3.850 metros de superficie, dos que 800 corresponde ao novo edificio. A parcela estaba ocupada por a piscina municipal e máis por unha pista polideportiva que van ser melloradas. Así, o pavimento de formigón da pista vai ser mudado por outro de formigón especial para a práctica do deporte. O recinto deportivo tamén vai contar cunha zona de aparcamento de 1.590 metros cadrados pavimentados en formigón estampado.

Canto a esta nova infraestrutura, o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, indicou que unha parte importante da poboación máis nova do municipio viña demandando unhas instalacións deportivas avanzadas.

Mouriño, indicou que tamén os veciños de idade van encontrar no centro un espazo adecuado para seguir terapias de mantemento e que as persoas que teñan que levar a práctica as prescripcións médicass de rehabilitación van encontrar nestas instalacións un sitio coas condicións necesarias para seguir os tratametis.

As obras do centro deportivo da auga están incluídas dentro do Fondo Estatal de Inversión Local con un investimento de 810.294,80 euros. A realización deste proxecto están traballando 64 persoas, delas 59 estaban desempregadas e foron contratadas pola empresa adxudicataría.

volver
Pululart