Noticias
martes 28/02/2012
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos
Convocada “Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos” (Orde do 30 de decembro de 2011 , publicada no DOG nº 32 do, 15 de febreiro de 2012)
- O prazo de solicitude remata o día 26 de marzo.
- Poden ser beneficiarios: persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data do 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, ambolos dous inclusive; adoptados/as ou acollidos/as entre o 31-12-2010 e o 31-12-2011); e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2010 (nin de forma obrigatoria nin voluntaria).
Máis información no Departamento municipal de servizos sociais do noso Concello (edificio social Toñito Espiñeira, teléfono 981613520).
volver



