Novas

Novas

martes 29/04/2008

O Concello de Carral renova mobiliario urbano

A Concellaría de Obras, Servizos e Industria traballa en mellorar o aspecto de diversos parques e espazos públicos do municipio carralés

Carral, 23 de abril de 2008. O Concello de Carral, por medio da súa Concellaría de Obras, Servizos e Industria, iniciou unha campaña de renovación de mobiliario urbano.

As accións estarán orientadas sobre todo á substitución de bancos e papeleiras en prazas, áreas recreativas, espazos públicos e colexios nos que estaban deteriorados.

Tamén desde Obras e Servizos estase levando a cabo a execución dun muro de contención no atrio da igrexa de Beira co fin de acondicionar o mesmo.

voltar
Pululart