Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 27/01/2011

CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA

No DOG nº 12 do 19 de xaneiro de 2011 publicouse a Orde do 13 de xaneiro, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares e colectivos de Galicia.



Esta nova Orde establece, a diferenza das anteriores, unha única convocatoria de probas para o mes de xuño e fixa como data límite para a presentación de solicitudes o 28 de febreiro de 2011.



Todos/as veciños/as interesados/as en realizar algún destes cursos preparatorios poden pasar polas oficinas do servizo de normalización lingüística do Concello ou chamar ao 981670002 para maior información.

voltar
Pululart