Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

luns 26/10/2009

O concello de Carral ven de por en marcha unha campaña de redución de residuos no fogar

O Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Carral ven de por en marcha unha campaña de redución de residuos no fogar, con este fin entregou 30 composteiros a outras tantas familias do municipio. Dentro das actividades previstas, na devandita campaña, o próximo mércores, día 28, haberá unha charla sobre a compostaxe doméstica na Casa de Cultura de Carral, a partir das 20:00 horas, na que van participar membros da asociación ecoloxista Adega, na que impartiran nocións de como realizar o compost no fogar.

Desde o departamento de Medio Ambiente preténdese que os veciños vaia adoptando progresivamente este método de redución de residuos domésticos, que ten entre as súas principais vantaxes: a redución na cantidade de residuos producidos con destino aos contenedores, o aproveitamento do compost, e a redución dos costes do transporte e tratamento do residuos. Así, estes beneficios traduciranse no aforro dos gastos deste servizo municipal.

Nesta campaña colabora con concello de Carral, Adega e está subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente, dentro das actividades de educación para a sustentabilidade. A campaña vai estar con trípticos formativos nos que se explica o método da compostaxe, ademais doutra información de interese. As persoas que se teñen sumado a iniciativa e xa posúen o composteiro van ter asesoramento e un seguimento da súa labor na redución dos residuos orgánicos xerados nos seus fogares.

voltar
Pululart