Novas
venres 24/07/2009
LUNS 27 DE XULLO REUNIÓN INFORMATIVA COAS EMPRESAS DE CARRAL
O próximo luns 27 de xullo ás 19.30 horas, o Concello de Carral convocou ás empresas de Carral no Edificio Social Toñito Espiñeira para informar do novo proxecto de promoción turística e empresarial.
Con motivo do próximo Xacobeo, o Concello de Carral instalará na praza da Capela unha oficina interactiva e dixital a través do cal se promocionará o turismo de Carral, información municipal e do sector empresarial interesado. Incluirá unha pantalla de 55 pulgadas no que se pode levar a cabo emisión de novas, eventos e SPOTs das empresas. Esta información verase en outros puntos de información existentes en distintas cidades adheridas a este proxecto, centros comerciais, prazas, ao longo do Camiño Inglés,... etc.
Se estás interesado pódeste acercar a esta reunión e aumentar canta información estimes oportuno. Tamén podes chamar ao Concello 981670002.
voltar



