Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

luns 22/06/2009

Carral oferta un ano máis o campamento de verán para os máis novos

A concellaría de educación presentou o campamento de verán "Actividades de Verán 2009.- Gozar do tempo libre". A oferta está dirixida a nenos/as de 3 a 14 anos e dará comezo o próximo 6 de xullo, estendéndose ao longo de todo o mes.

O horario das actividades será de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, horario durante o cal os raparigos poderán gozar de diversas actividades e obradoiros; pintura, abelorios, xogos populares xincanas, actividades de educación viaria, xogos deportivos de tenis, brilé, etc.

Todas as actividades descritas levaranse a cabo nas instalacións municipais (Pavillón do Colexio, Pistas de tenis, etc) mentres que os cursos de natación terán lugar na piscina municipal do vecińo concello de Abegondo.

Para todos aqueles interesados, está aberto o prazo de inscrición, que poderán formalizar acudindo ás dependencias municipais.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral ou no teléfono 981 672580.

Descargar triptico

voltar
Pululart