Novas
xoves 18/09/2008
O sábado celébrase o VII Maratón interparroquial de Chave "Concello de Carral"

A Concellería de Deportes do Concello de Carral celebra o sábado día 20 de setembro o VII Maratón interparroquial de Chave "Concello de Carral" en colaboración co Club de Chave o Pazo de Quembre.
O torneo levaráse a cabo na parroquia de Quembre a partir das 17:30h e nel participarán seis equipos: O Pazo de Quembre, Pena Casa Couto, Mulleres Ruráis, Paleo Kukas, Xota-M e Cańás.
Os enfrontamentos decidiranse por sorteo e o equipo que máis tantos anote, será o gańador. De igual forma, os xogadores que mais chaves consigan serán os que leven o título de máximo chaveiro federado e non federado. Para todos eles, haberá un trofeo que será entregado pola Concelleira de Deportes, Beatriz Gómez Bouzas.
Ao rematar a parte deportiva, arredor das 20:30h os xogadores tomarán un pequeno descanso para dar paso ás 21.30 h á cea-baile, a cargo do Concello de Carral, que contará cun total de 150 convidados.
| Evento: | VII Maratón Interparroquial de Chave "Concello de Carral" |
| Lugar: | Quembre (Carral) |
|
Hora: | Torneo- 17:30h Cea-Baile- 21:30h |
| Organiza: | Concellaría de Deportes e Club de Chave O Pazo de Quembre |



