Novas
venres 05/09/2008
Catro días de intenso deporte con motivo das Festas do Socorro en Carral
A Concellería de Deportes do Concello de Carral traballou duro para ofrecer aos carraleses un bo número de actividades deportivas durante as festas do Socorro que acaban de comezar.
O pistoletazo de saída do deporte será o sábado ás 18:00 co Torneo de Chave "Festas do Socorro, actividade organizada polo Concello en colaboración co club de Chave de Ans. Participarán seis equipos e aquel que máis tantos consiga levarase o trofeo. Levarase a cabo no Campo da Feira.
O domingo será un dos días grandes, ás 17:00h nas pistas municipais disputarase a final do Torneo de Tenis, categoría junior, que leva celebrando durante todo o verán. Os seniors disputarán o último partido ás 18:30 e ambos os dous encontros serán ao mellor de tres sets. En total máis de trinta tenistas competiron neste torneo estival de Carral.
Tamén o domingo a partir das 18:00h comezarán as finais do VI Torneo de de Fútbol Sala Feminino, o terceiro e cuarto posto disputarase entre as 18:00 e as 19:00h e posteriormente levará a cabo a gran final sendo a entrega de trofeos a partir das 20:15h. Todo iso se levará a cabo en pavillón do colexio Vicente Otero.
Por último o martes, entre as actividades organizadas pola Concellería de Deportes dirixida por Beatriz Gómez Bouzas, disputarase tamén a grand final de Torneo de Ping- Pong disputado durante o verán nas instalacións das piscinas municipais de Carral por máis dunha vintena de afeccionados. Será a partir das 18:30h.
voltar



