Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 17/07/2008

Os mozos de Carral apúntanse ao ping pong ao aire libre



A Concellería de Deportes do Concello de Carral, vista a grande acollida que tiveron as mesas de ping pong instaladas no recinto das piscinas municipais, organizou o seu primeiro Torneo de Tenis de Mesa.

O éxito que ten esta actividade entre todas as ofrecidas polo Concello durante o verán carralés, levou á Concellaría dirixida por a edil Beatriz Gómez Bouzas, á organización dun torneo que dará comezo o próximo 21 de xullo.

Consistirá nunha primeira fase en formato de liguilla da que sairán os mellores e bateranse nas semifinais e finais. Ata o momento inscribíronse preto dunha trintena de mozos entre 15 e 35 anos.









Evento: Torneo de Tenis de Mesa Concello de Carral
Lugar:

Piscinas Municipais de Carral
Rúa de Paleo, 17
Fecha: Comenzo, 21 de xullo
voltar
Pululart