Novas
luns 16/06/2008
Carral celebrou os seu I Torneo de Tute

O sábado dende as seis da tarde 12 parellas se diputaron o premio do I Torneo de Tute do Concello de Carral.
Xogouse unha primeira rolda, na que as parellas disputaron dúas partidas a 10 tantos cada unha, resultando gañador o equipo que máis tantos sumase ao final destas. Esta primeira fase tivo unha duración de dúas horas e media, e dela saíron 6 equipos que se clasificaron directamente (ao resultar vencedores nas súas respectivas partidas) e 2 máis que sacaran máis puntos entre os perdedores. Así á seguinte fase pasaron 8 parellas.
A segunda parte constou de 4 enfrontamentos, nesta ocasión disputábase unha soa partida, pero a 15 tantos e durou preto dunha hora e media. Dela saíron os catro mellores equipos que pasaron ás semifinais. Tras un alto no camiño despois de catro horas de tute serviuse un refrixerio e disputouse esta fase, o 3º e 4º posto e a gran final, co mesmo formato que a fase anterior.
Finalmente (tras un apertado final por 15 a 14 no encontro para o 1º e 2º posto) os resultados foron:
1º. - A parella formada por Chema e Jose María. (A Coruña)
2º. - A parella formada por Del Rio e Fidalgo. (A Coruña)
3º. - A parella formada por Carlos Barbeito e Santiago (Carral)
4º. - A parella formada por Juan e Fraguela. (Tabeaio.-Carral)
Os premios económicos foron:
1º Clasificado: 1000€+Trofeo
2º Clasificado: 500€+Trofeo
3º Clasificado: 200€
4º Clasificado: 100€
O Concello de Carral, por medio da Concelleira de Deportes, Beatriz Gómez Bouzas, mostrou a súa satisfacción polo recibimento deste I Torneo de Tute -a pesar de celebrarse ao mesmo tempo que o partido da selección española de fútbol- e espera que cada ano se sumen máis afeccionados.
voltar



