Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

luns 12/05/2008

Duascentas novas ximnastas lucronse en Carral no certame municipal de rtmica



As nenas, de entre 5 e 16 anos procedentes de diversas escolas coruñesas, realizaron exhibicións de mans libres, aro, pelota e mazas

Carral, 05 de maio de 2008. O sábado o Concello de Carral recibiu a visita de case 200 nenas que participaron no VIII Certame Municipal de Ximnasia Rítmica.

Desde as cinco da tarde o pavillón do Vicente Otero Valcárcel vibrou ante as exhibicións das novas ximnastas que ofreceron aos máis de 500 espectadores unha trintena de actuacións en case todas as modalidades de rítmica: mans libres, aro, pelota e mazas.

Entre os clubs e escolas deportivas con representación no certame estaban a Escola Deportiva Municipal de Abegondo, o Colexio Fogar de Santa Margarita, o Club Tempo, a Escola de Ximnasia Acordes e por suposto a Escola Deportiva Municipal de Carral.

Durante as dúas horas que durou a exhibición púidose gozar tanto de actuacións en grupo como individuais e tras elas levou a cabo a entrega de trofeos da man da Concelleira de Deportes, Beatriz Gómez Bouzas.

Con esta actividade, na que este ano participaron case o dobre de ximnastas que na pasada edición, o concello de Carral e a súa Concellaría de Deportes, continúa co programa de promoción e fomento da actividade física e da saúde que ten como obxectivo principal potenciar a práctica deportiva, en especial entre os máis novos.

voltar
Pululart