Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

venres 06/05/2011

Aberto o prazo de inscricin para os campamentos deportivos e de vela

O Concello de Carral ten aberto o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos e na campaña de vela que terán lugar no vindeiro mes de xullo. Estas dúas actividades están organizadas e financiadas pola Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos provinciais que tramitan as inscricións.

En canto aos campamentos deportivos, están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos que poderán realizar multitude de actividades deportivas e culturais tales como golf, tenis, voleipraia, vistas a centros culturais na cidade da Coruña, etc. Os mozos/as estarán aloxados durante unha semana no Colexio Calvo Sotelo. O custo por neno/a é de 85€ que inclúen o transporte de ida e volta, o aloxamento en pensión completa, as actividades deportivas e as visitas culturais. Os asistentes de Carral acudirán na semana do 17 ao 23 de xullo e teñen ata o 4 de xuño para anotarse nas dependencias municipais.      

Doutra banda, a campaña de vela está dirixida a mozos/as de entre 9 e 18 anos que aprenderán nocións básicas da navegación a vela. Levarase a cabo no encoro de Vilagudín, no termo municipal de Ordes. Os rapaces de Carral acudirán na segunda quenda, na semana 11 ao 15 de xullo en horario de mañá ou tarde en función do grupo e cunha carga de 4 horas diarias. O prezo por alumno/a é de 25€ que inclúe as clases e o material de vela. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xuño.       

Para ambas as actividades, os interesados deberán acudir ás dependencias municipais da Casa da Cultura onde poderán informarse e formalizar a inscrición.

voltar
Pululart