Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 14/04/2011

O patinaxe galego deuse cita na XII Exhibicin Municipal de Carral

O pavillón municipal de Carral acolleu o domingo 10 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto organizado polo Concello de Carral en colaboración do club de patinaxe Alquimia, deu comezo ás 17.00 h e rematou sobre as 19.00 h., momento no que todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo.

Nesta xa clásica cita deportiva, puidemos contar coa presenza de 7 clubs de patinaxe, colexios e escolas deportivas municipais de diversos puntos da xeografía galega -a EDM de Chantada, o Colexio Torrente Ballester de Cambre, o C.P. Alquimia de Carral, o Colexio Campomaior de Ordes, o C.P. Conxuro de Laracha, o C.P. Liceo da Coruña e os anfitrións, a EDM de Carral- . En total reuníronse 215 patinadores de idades comprendidas entre os 3 e 16 anos e moitos máis acompañantes (ao redor de 500 familiares). Conseguiuse así reunir a unha gran mostra representativa da patinaxe galega, que nos ensinaron as súas habilidades sobre as oito rodas o longo das 17 actuacións das que constou o certame. En primeiro lugar foron as máis pequenas as que nos amosaron as súas aprendizaxes nestes meses de adestramento. Tomáronlles o relevo as patinadoras infantís e para rematar amosáronos as súas destrezas as “veteranas” da especialidade.

 

Tamén temos destacar e agradecer a presenza de Víctor Abad (club de patinaxe “Alquimia de Carral”), Sub- campión provincial, bronce no campionato galego e 8º no de España na categoría infantil individual. Tamén hai que apuntar a actuación de Alberto Artigas e Raquel Rodríguez (tamén do Club Alquimia), campións provinciais, galegos e terceiros no Campionato de España na modalidade de parella de danza, categoría sénior. Todos os deportistas fixeron exhibición da súa mestría no deporte do patín, para motivar e alentar aos xoves patinadores, actuacións que ao mesmo tempo entusiasmaron ao público asistente.  

O momento máis emotivo desta Gala foi cando as alumnas e alumnos da Escola Deportiva Municipal de Carral dedicáronlle a súa actuación e mostraron o seu apoio e agarimo a Sara Portela Moscoso, alumna do mesmo grupo que se atopa hospitalizada. As súas compañeiras/os levaron a cabo a actuación cunha camiseta na que se podía ler unha mensaxe de ánimo. 

Doutra banda, a concellería dirixida pola edil Beatriz Gómez Bouzas, está ultimando os preparativos para a realización do seguinte evento deportivo; o Certame anual de Ximnasia Rítmica, que terá lugar o próximo 8 de maio tamén no pavillón do Espiño e na que se espera contar coa presenza de ao redor de 120 nenas.          

Todas estas actividades transcorren dentro do programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está desenvolvendo durante este ano 2011. Con este programa deportivo, a autoridade municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo municipal e en especial entre un sector da poboación tan sensible como é o infantil.

voltar
Pululart