Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

venres 04/02/2011

Medio centenar de rapaces/s de Carral acudiron ao partido entre o Depor e o Sevilla

O pasado sábado, o Concello de Carral levou a cabo unha viaxe ao Estadio Municipal de Riazor para presenciar o encontro da 21ª xornada de Liga que enfrontou ao DEPOR e o SEVILLA. Esta excursión estaba incluída dentro do programa municipal de viaxes para a promoción deportiva, programa ideado pola concellaría dirixida pola edil Beatriz Gómez Bouzas coa finalidade de fomentar e divulgar o deporte entre os máis novos.  

Ao partido acudiron un total de 48 rapaces/ás da localidade carralesa nun autobús que o goberno municipal dispuxo para tal fin. A este proxecto tamén contribuíu o Real Club Deportivo Da coruña, que achegou as entradas para os mozos e para os seus monitores. A expedición carralesa partiu ás 21.00 h dende o Campo da Feira de Carral cara a Riazor. Aquí os rapaces puideron presenciar o encontro entre o club herculino e o andaluz, que como ben é sabido rematou coa repartición de puntos tras un avultado marcador. Os nenos e nenas de Carral berraron, animaron, saltaron e ata bailaron ao son dos cánticos da inchada deportivista e, a pesar do empate, todos mostráronse ilusionados por repetir a experiencia.

voltar
Pululart