Novas

Novas

xoves 27/01/2011

Carral clausura o 3 curso de defensa persoal

O sábado 22 de xaneiro o concello celebrou, no novo Complexo Deportivo de Carral, a 3ª edición do curso de defensa persoal. Esta actividade vólvese incorporar de novo á programación municipal de Nadal, tras dous anos de ausencia, e fíxoo con forza, con 19 inscritos.     

O curso, que foi impartido polo mestre de Kung-Fu Carlos López Manteiga, prolongouse dende as dez da mañá ata a unha do mediodía. Ao longo destas tres horas os asistentes, na súa maioría mulleres (só había 3 homes), puideron coñecer os fundamentos básicos de como evitar situacións perigosas e, no caso de que se produzan, como actuar ante unha situación de perigo persoal, tanto a nivel lexislativo, psicolóxico, coma en técnicas físicas de autodefensa. O curso contou cunha pequena introdución teórica para dar paso aos fundamentos prácticos que se prolongaron ao longo de toda a mañá.    

Ao termo deste, o Alcalde agradeceu a presenza de todos os alumnos e recalcou a importancia para a cidadanía da existencia de cursos similares. Ademais, ante a insistencia dos propios alumnos, José Luis Fernández Mouriño confirmou a posibilidade de acometer, en breve, un novo curso con maior carga horaria. Ao finalizar a sesión, fixo entrega a todos os alumnos/ás dun diploma de asistencia.

voltar
Pululart