Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 04/03/2010

OS AFECCIONADOS DE CARRAL PODERN GOZAR DE BALDE DUN PARTIDO DE HOCKEY

A Concellería de Deportes organiza unha viaxe para que os carraleses de todas as idades poidan acudir ao partido entre o Liceo e o Vilafranca que se celebrará en Riazor o próximo sábado 6 de marzo ás 19:00 horas. Esta viaxe é parte do obxectivo que se marcou a Concellería de Deportes para promocionar e divulgar o deporte organizando unha serie de actos de exhibición e viaxes deportivas dirixidas aos veciños de Carral.

Esta actividade conta coa colaboración do Liceo que aporta as entradas para os afeccionados carraleses e para os monitores que os acompañarán. Ademais, o Concello cubrirá o transporte de ida e volta a Riazor cun autobús que partirá ás 18:00 h. aproximadamente do Campo da Feira de Carral, retornando ao punto de partida ao redor das 22.30 h. Os participantes máis cativos irán acompañados en todo momento por monitores da entidade municipal.

O prazo de inscrición para acudir a este evento deportivo de primera liña, como é un partido da Liga OK española de Hockey remata o venres  día 5 ás 19.00 h, e poderase formalizar no tfno. 981 67 25 80 ou na Casa da Cultura do Concello de Carral.

voltar
Pululart