Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

mércores 22/10/2008

O próximo domingo o Concello de Carral celebra o seu tradicional magosto

O próximo domingo levarase a cabo en Carral o magosto anual organizado polo Concello. Dende as dúas de tarde unha grande carpa instalada no Campo da Feira encherase para celebrar un banquete que poderán gozar os veciños e veciñas de Carral e doutros municipios próximos.

Sen dúbida, as auténticas protagonistas desta festa serán as castañas, ás que precederá un bo menú típico da época: empanada, polbo, "carne ao caldeiro", viño ou refresco, sobremesa e café. Cada porción de castañas irá acompañada dunha cunca que se regalará en recordo do magosto 2008.

Durante todo o día, que coincide coa feira tradicional de último domingo de mes, a festa estára amenizada por gaiteiros e un dúo musical que interpretarán en directo pezas tradicionais. O prezo para empadroados -logo de inscrición- é de 21 euros, e 25 para non empadroados. Para inscricións ou solicitude de máis información o interesados poden chamar ao número 981 67 00 02.

Evento: Magosto 2008
Data: domingo 26 de outubro
Lugar: Campo da Feira. Carral.
Inscripcións: 21 € empadronados e 25 non empadronados
Información: 981 67 00 02/ 981 67 25 80
voltar
Pululart