Novas
luns 20/10/2008
Preto de 1000 mozos déronse cita en Carral na súa "IV Festa da Xuventude"
O Concello de Carral celebrou esta fin de semana a cuarta edición da "Festa da Xuventude", unha homenaxe á xente nova que reuniu no Campo da Feira preto de 1000 persoas tanto do municipio coma doutros concellos próximos.
Nesta ocasión dúas grandes orquestras deleitaron aos asistentes ata ben entrada a madrugada: a Orquestra Olympus e a Orquestra Cinema, que interpretaron os últimos grandes éxitos do panorama musical.
A Concellería de Deportes e Xuventude, por medio da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), foi a encargada de organizar este evento que se celebrou durante os últimos anos no concello carralés e que conta cunha grande aceptación.
voltar






