Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 09/10/2008

O Concello de Carral prepara a súa cuarta "Festa da Xuventude"

O Concello de Carral quenta motores para a celebración da súa IV Festa da Xuventude que se levará a cabo o próximo venres 17 de outubro no Campo da Feira.

A Concellería de Deportes e Xuventude, por medio da Oficina Municipal de Información Xuvenil, é a encargada de organizar este evento que se ven desenvolvendo durante os últimos anos no concello carralés. Nesta ocasión dúas grandes orquestras deleitarán aos asistentes durante a verbena, a Orquestra Olympus e a Orquestra Cinema.

A Concelleira Beatriz Gómez Bouzas espera que, como cada ano, a festa conte cunha boa aceptación por parte dos novos carraleses.

Evento: IV Festa da Xuventude
Lugar: Campo da Feira (Carral)
Data: venres 17 de outubro
voltar
Pululart