Novas
mércores 06/02/2008
O ENTROIDO DE CARRAL REMATA O DOMINGO CO DESFILE DE COMPARSAS
O Concello de Carral continúa coas actividades previstas do Entroido, e cunha importante variación na programación prevista.
O sábado terá lugar na Casa de turismo rural de Costa da Égua un baile de disfraces amenizado polo Dúo Okey. A festa comezará ás 21:30 h, e haberá un concurso de disfraces para nenos e adultos.
O final do Entroido será o domingo, coa celebración do desfile de comparsas e carrozas. Este desfile, que tiña que realizarse o pasado domingo, foi aprazado debido ás malas condicións climatolóxicas, e terá lugar finalmente na tarde do domingo 10 de febreiro, desde as 16:30 h polas rúas de Carral.
O desfile rematará na carpa do Campo da Feira, onde se entregarán os premios e no que se gozará da música dun grupo musical. A festa concluirá co Enterro do Entroido.
As comparsas e carrozas formadas por persoas de Carral, obterán unha axuda de 120 , e os premios que se repartirán van desde os 400 ata os 100 euros.
Desde o Concello de Carral convídase a todos os veciños a seguir gozando coas festas do Entroido, a poñerse un disfraz, e a divertirse nunha fin de semana chea música e troula.



