Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 02/12/2010

Carral bate rcords de participacin nas Actividades Municipais

O pasado 15 de outubro comezou a súa andaina un novo curso das escolas deportivas, culturais e educativas municipais de Carral. Este programa de actividades municipais persegue un obxectivo fundamental como é o de achegar á práctica deportiva e a ocupación do tempo de ocio con diversas disciplinas culturais e educativas que contribúan ao desenvolvemento persoal, socio/afectivo, cultural e deportivo dos cidadáns. Ademais preténdese transformar a actividade física nun hábito saudable dentro das vidas das xentes de Carral.     

Para este ano 10/11, o elenco de actividades é amplo, dende as actividades máis clásicas como fútbol sala, natación, bailes de salón, debuxo e pintura, informática ou piano, ata disciplinas máis minoritarias -pero non por iso menos atractivas- como tiro con arco ou con carabina. Ademais o concello realizou unha ampla oferta en todas as parroquias da localidade, coas ximnasias de mantemento, as manualidades, etc, proporcionando a opción de que toda a poboación do municipio teña acceso a unha gran variedade de actividades deportivas, culturais e educativas. Tamén os máis pequenos teñen o seu sitio nesta programación con actividades como xogos predeportivos, que é novidades este ano, ao igual que ioga, tenis, e costura/vainicas- esta última no ámbito educativo-.

 

En total foron 38 as escolas municipais que comezaron (19 deportivas, 8 culturais e 11 educativas), reunindo a 710 inscritos. Entre todas estas actividades, destacan a de judo, que conta con 56 alumnos/ás, a de patinaxe con 65 e a ximnasia rítmica con 41. No apartado de cultura as estrelas son o debuxo con 45 inscritos e a cociña con 22. En canto ás materias educativas, é a informática con 70 inscritos entre adultos e nenos a que máis destaca. Dende o concello considérase que a oferta deste curso é ampla e espérase que con ela se cubran todas as expectativas dos cidadáns carraleses.       

Por outra banda, as Escolas Municipais de Carral non cesan no seu empeño de crecer. Nos últimos anos o número de inscritos nas actividades incrementouse en máis un 14 por cento, pasando dos 605 participantes en 2009 a máis de 700 na actualidade. Tamén aumentou o número de actividades ofertadas, dende as 31 do pasado ano ás 38 do actual.

Dende as Concellarías de Deportes, Cultura e Educación de Carral mostran a súa satisfacción; actualmente dende os departamentos municipais estase a ofrecer ás xentes de Carral (e aos nenos e mozos en particular) unha ampla gama de actividades que abranguen todos os gustos e idades, posto que a idea é que todo o que queira poida practicar as actividades que máis lles satisfagan, xa sexa deportivas, educativas ou culturais.

voltar
Pululart