Novas
martes 27/04/2010
15-16-17 MAIO VIII FESTA DO PAN DE CARRAL
Se estás interesado en participar nos stands de Exposición do Comercio local, un espazo que vai existir nesta festa para intentar dar a coñecer a túa empresa e o que ofreces, ponte en contacto coa Concellería de Comercio.
Para isto, poñemos á túa disposición unha carpa pechada ao longo da festa para expoñer e vender todo aquelo que promocione os comercios durante todo o fin de semana.
O coste por stand para os comercios de Carral
90€ para os de medida 3x2,8,
180€ para os de 6x2,8
270€ para os de medida de 9x2,8.
voltar



