Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

mrcores 21/04/2010

A VII Feira do Queixo do Concello de Carral vaise celebrar o domingo

O domingo, día 25, a praza do Campo da Feira de Carral acollerá la VII Festa do Queixo, que vai contar cun mercado no que as queixeiras de Carral e a comarca van vender a súa produción artesán. Segundo a Concellería de Comercio do Concello de Carral, até o momento, están inscritas 15 queixeiras do propio concello de Carral e de os veciños de Abegondo, Betanzos, Mesía, Oza dos Ríos e Curtis. As artesáns queixeiras poden inscribirse aínda até o venres ao medio nas oficinas municipais do Edificio Toñito Espiñeira ou chamando aos teléfonos 981 67 00 02 ou 981 67 25 80.

Así, está previsto que a feira comece a redor das 9:00 horas e se desenvolva até o mediodía, momento no que o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño faga entrega dunha peza de cerámica de Buño e máis dun diploma a cada unha das queixeiras que teñan asistido á feira. A zona do mercado e exposición de queixos vai dispor dunha carpa.

Segundo se indica desde a Concellería de Comercio, responsable da organización, a Feira do Queixo quere potenciar a tradición da produción e venta do queixo das feiras tradicionais da localidade. Neste sentido, é de destacar que na vila había a tradición de   os homes foran os encargados de ir comprar o queixo a feira e o levaran para a casa. O queixo típico elaborado en Carral está elaborado con leite de vaca cru e ten unhas características similares ao queixo da denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

voltar
Pululart