Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

mércores 04/03/2009

PROGRAMA MADRUGADORES NO CONCELLO DE CARRAL

O Concello de Carral, dende a Concellería de Educación e en colaboración coa ANPA Ana Lastra do CPI Vicente Otero Valcarcel, inician os pasos para levar a cabo un novo servizo para as familias de Carral: o PROGRAMA MADRUGADORES a partir do comezo do novo curso 2009/2010.

O programa madrugadores pretende ser un servizo que axude na conciliación laboral e familiar. Consiste en dar apertura ao centro educativo antes das 9.00h da mañan. Desta forma, os pais e nais que teñan que ir a traballar poderán deixar aos seus fillos ao coidado de monitores no colexio antes de comenzar as clases. Poderán almorzar na casa ou levar o almorzo ao cole.

O prazo de preinscrición remata o 6 de marzo para os xa escolarizados e o 30 de marzo para que comezan este ano por primeira vez no CPI Vicente Otero Valcarcel.

Para máis información e entrega das follas de preinscrición poden chamar ao departamento de Educación 981672580-981670002 a Casa da Cultura ou ao Concello

Descargar preinscripción

voltar
Pululart