Novas
luns 29/06/2009
Novos equipamentos culturais
O Concello de Carral comezará nos vindeiros días a dotación de novos espazos para a realización de actividades culturais.
Está prevista que a actual sala de exposicións da Casa da Cultura se convirta nunha sala para audiovisuais e conferencias, equipada con 50 butacas e equipo de imaxe e son.
No novo edificio social Toñito Espiñeira habilitarase a sala multiusos para que tamén poida ser utilizada como sala de exposicións, mellorando así as actuais condicións existentes na Casa da Cultura. Esta nova sala permitirá acoller mostras de maior tamaño, facilitando ademais as labores de montaxe e presentación.
Na sala de audiovisuais a Concellería de Cultura ten previsto manter un programación de cine, así como comezar ciclos de conferencias e xornadas.
Para levar a cabo estas dúas novas instalacións contouse coa colaboración económica da Deputación Provincial da Coruña.
voltar



