Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

xoves 16/10/2008

Carral acolle a exposición didáctica "Galicia, conservando a natureza"

A Concellería de Medio do Concello de Carral, a cargo do edil Manuel Sánchez Bascoy, prepárase para acoller a Exposición didáctica "Galicia, Conservando a natureza". Trátase dunha proposta da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que pretende que todos os galegos e galegas coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos distintos espazos naturais de Galicia (Parques Naturais, Parques Nacional e Rede Natura 2000).

En Carral a mostra estará exposta ao público na Casa da Cultura entre o 21 e o 25 de outubro. Por medio de paneis explicativos intentarase concienciar e sensibilizar da importancia destes espazos protexidos para a conservación da nosa biodiversidade.

Mediante esta exposición poderase admirar a beleza dos parques Naturais das Illas Atlánticas, Corrubedo, Ás Fragas do Eume ou o monte Aloia -entre outros- así como coñecer de preto que é a Rede Natura 2000, as súas localizacións e as do resto de espazos protexidos da nosa comunidade.

Ademais está prevista a organización de diversas visitas guiadas -logo de inscrición- a esta mostra didáctica, así como actividades e saídas para os nenos e nenas dos colexios carraleses, dende segundo ciclo de Primaria ata a ISO.

Lugar: CASA DA CULTURA
Datas: 21 AO 25 DE OUTUBRO de 2008
Horario:

De 9 .00 a 15:00 y de 17:00 a 22:00.
Sábado de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:00.
Información:

Para máis información ou inscripción as visitas guiadas, chamar a Ayuntamiento á 981 67 00 02.
voltar
Pululart