Novas
mércores 27/08/2008
O Concello de Carral organiza un novo curso gratuíto de formación en Lingua Galega
A Concellaría de Educación e Emprego do Concello de Carral organiza un novo curso gratuíto de formación en Lingua Galega Celga 3. As clases comezarán o 17 de setembro e finalizarán o 6 de novembro, a inscrición é gratuíta e estará aberta ata o próximo día 12 de setembro. O horario do curso é de 19:30 ás 22:00h e desenvolverase no Centro de Formación Antón Fraguas.
Os interesados poden solicitar máis información na Casa da Cultura de Carral e no número de teléfono 981 67 25 80.
| Curso: | Lingua Galega CELGA 3 |
| Lugar: | Centro de Formación Antón Fraguas |
| Datas: | Do 17 de septembro ao 6 de novembro |
| Horario: | de 19:30h a 22:00 |
| Tipo: | Gratuito |
| Inscripción: | Hasta o 12 de septembro |
| Información: | 981 67 25 80 |



