Novas
luns 11/08/2008
O Alcalde de Carral visitou a Expo Zaragoza xunto a medio centenar de veciños

Unha expedición de medio centenar de carraleses visitou a Expo'08 xunto ao Alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño e a Concelleira de Cultura, María José García Fariña.
Durante catro días o grupo gozou da Expo e o seu ámbito así como daquelas paraxes máis interesantes do traxecto ata a Comunidade Aragonesa.
A iniciativa, nacida dende a Concellería de Cultura do concello co obxectivo de achegar distancias entre culturas e gozar da grande oportunidade de visitar unha Exposición Universal, resultou unha grande experiencia para todos os integrantes da expedición.
A visita aos pavillóns da Expo foi sen dúbida o máis destacado e o que máis impresionou a todos, aínda que tamén tiveron tempo libre para gozar de Zaragoza e de todo o que ofrece a capital aragonesa.
voltar



