Novas
xoves 17/07/2008
A Casa da Cultura de Carral proxecta o venres "Entre Bateas" nos seus Cinemas Dixitais

O Concello de Carral, por medio da súa Concellería de Cultura, presenta o venres unha nova edición do ciclo de cinema en galego "Cinemas Dixitais" da Axencia Audiovisual Galega.
O telefilme "Entre Bateas" (2002), que se proxectará este venres 18 de xullo a partir das oito da tarde, narra o conflito da ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcontraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planeadoras e Sergio, unha antigo amigo que opta por pasarse ao tráfico de drogas.
Con este tipo de iniciativas, a área de Cultura de Carral, a cargo da Concelleira Mª José García Fariña, pretende impulsar a promoción e difusión das producións galegas non comerciais e achegar este tipo de traballos ao público en xeral.
|
Evento: |
Proxección telefilme "Entre Bateas" (2002). Ciclo de Cine "Cinemas Dixitais" |
|
Lugar: |
Sala de Audiovisuais.Casa dá Cultura de Carral. Rúa de Paleo, 17 |
| Data: | Venres 18 de xullo |
| Hora: | 20:00h |



