Novas
martes 08/07/2008
Arrancan Noites de Cine coa proxección do filme "Pequena Miss Sunshine"

O Concello de Carral, por medio da Concellería de Cultura e o programa "Noites de Cine" da Deputación de A Coruña, comeza o xoves o ciclo de cinema de verán que levará ao municipio carralés a proxección de tres películas.
Encárgase de abrir a tempada de palomitas ao aire libre "Pequena Miss Sunshine" (2006), película americana galardoada con dous Oscar, ao mellor guión e ao mellor actor. O filme, proxectarase o xoves 10 de xullo ás 22:30 h no Centro Socio Cultural de Quembre, e, sempre que o tempo o permita, será no exterior.
A película relata a historia da familia Hoover, cando un golpe de sorte leva a Olive, a filla pequena, a ser invitada a participar nun concurso de beleza infantil en California. A familia inicia aquí un traxicómico periplo de tres días cheo de tolas sorpresas que lles leva ao grande debut de Olive, que cambiará a esta familia de inadaptados dunha forma que nunca imaxinarían.
As próximas citas serán o sábado día 19 de xullo, en San Vicente, coa proxección de "Eragon", e o 3 de agosto en Carral poderase gozar da película "Terra".
|
Evento: |
Proxección, "Pequeña Miss Sunshine" "Noites de Cine" |
|
Lugar: |
Quembre (Centro Socio Cultural) Carral |
| Data: | Xoves, 10 de xullo |
| Hora: | 22:30h |



