Novas
martes 03/06/2008
VIAXE Á EXPO-ZARAGOZA PARA RAPACES DE 10 A 14 ANOS
O Concello de Carral en colaboración coa Deputación da Coruña oferta prazas para realizar unha visita Á EXPO ZARAGOZA DO 15 AO 19 DE XULLO DE 2008.
Os nenos e nenas de Carral poden ir á Expo Zaragoza no mes de xullo segundo o programa Vivir o Mundo: Vivir Europa da Deputación da Coruña solicitado polo Concello de Carral. É unha forma de promocionar as viaxes educativas e culturais dando a oportunidade de visitar e coñecer a Expo Zaragoza 2008.
REQUISITOS: EMPADROADOS CARRAL DE 10 A 14 ANOS
COTA: 85 Euros
INCLÚE: Desprazamentos, viaxe, visitas a institucións e museos, estancia en réxime de PENSIÓN COMPLETA, monitores e seguro
Para máis información e inscricións chamar ao Departamento de Educación no Concello de Carral o una Casa da Cultura 981672580 981670002 educación@concellocarral.com
voltar



