Novas
xoves 21/10/2010
MÁIS DE 50 PERSOAS COÑECERON TOLEDO, CUENCA E ARANJUEZ COA CONCELLERÍA DE CULTURA
Na ponte do 12 de outubro, un grupo de 52 persoas gozaron da viaxe cultural organizada polo Concello de Carral.Os viaxeiros puideron gozar da historia e do denso patrimonio cultural das cidades de Toledo, Cuenca e Aranjuez, sendo unha das visitas mellor valoradas a feita á catedral gótica de Toledo.
Esta viaxe forma parte da programación anual da Concellería de Cultura, que sempre programa unha excursión de forte carga cultural coa que os excursionistas poidan coñecer o patrimonio galego e español. voltar



