Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

venres 16/07/2010

CNTANOS UN CONTO 2010

A Biblioteca Pública Municipal  ven de entregar os premios correspondentes á décima edición do concurso “Cóntanos un conto”. Este certame ten dúas modalidades: para nenos e nenas de 6 a 11 anos e para nenos e nenas de 12 a 15 anos. O obxectivo deste certame é introducir aos máis pequenos  no mundo dos libros e da lectura.

Este ano foron moitos os nenos e nenas que presentaron os seus traballos , todos eles cheos de imaxinación e de gran calidade.

Nesta edición os gañadores foron:

Na modalidade de 6 a 11 anos: Manoel Castro Rodríguez de 10 anos  coa historia titulada Contos Fantásticos.

Na modalidade de 12 a 15 anos: Elvira Campelo Bermúdez de 15 anos co conto titulado O diario de Antía.

Os premios foron entregados na Biblioteca Pública Municipal pola concelleira de Cultura Mª José García Fariña e todos os participantes recibiron libros e un diploma.

voltar
Pululart