Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

mrcores 24/03/2010

PFANO TEATRO ACHEGA O TEATRO E A POESA AOS MOZOS DE CARRAL

A actriz Mela Casal, protagonista de moitas series de televisión e cofundadora da compañía Pífano Teatro xunto a Gloria Ferreiro, ofrecerá o xoves 25 ás 11:00 horas na Casa da Cultura un espectáculo titulado Ventos, no marco do programa de animación á lectura Letras Vivas, organizado pola concellería de Cultura. O espectáculo é de balde.

A representación, que xira en torno á obra de Celso Emilio Ferreiro, está dirixida ao público xeral e ós alumnos de bacherelato do Vicente Otero Valcárcel, para éstes o espectáculo conta cunha Unidade Didáctica elaborada por unha profesora de Teoría da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. Esta unidade servirá como apoio para un posterior traballo nas aulas.

Estamos diante dunha nova ollada sobre a obra do poeta ourensano na que se aposta polas liñas panteista, amatoria e pop, esta última un tanto descoñecida e sorprendente pola actualidade dos contidos destes textos.

En escena, dúas actrices que compiten por ser o centro de atención da escea e un director que trata de sacar adiante o espectáculo aguantando as impertinencias das divas. Un toque de humor en escea que non lle resta solemnidade aos textos senon que lle axuda ao público máis novo a introducirse na obra de Celso Emilio.

Para máis información chamar á Casa da Cultura no teléfono: 981 67 25 80

voltar
Pululart