Novas
martes 30/09/2008
O Concello de Carral organiza un novo curso de Manipulador de Alimentos
A Concellería de Educación, Emprego e Comercio organiza o luns 13 de outubro un curso de Manipulador de Alimentos. A actividade ten unha duración de 3 horas, comezará ás oito da tarde e desenvolverase no Centro de Formación Antón Fraguas.
O curso está dirixido tanto a persoas desempregadas, como traballadores e empresarios do sector da alimentación. Os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura, o Concello ou ben chamando por teléfono ao 981 67 00 02 ou 981 67 25 80.
O obxectivo da actividade é a obtención da certificación oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria para os profesionais da hostalaría. Durante este, abordaranse os temas relacionados cos perigos e riscos que implica a manipulación de alimentos así como as claves para evitalos.
O prazo de inscrición a esta actividade, coas plazas limitadas, finaliza o día 2 de outubro e o prezo é de 10 euros.
| Actividade: | Curso de Manipulador de Alimentos |
| Data: | 13 de outubro |
| Hora: | 20:00/23:00h |
| Lugar de celebración: | Centro de Formación Antón Fraguas - Carral |
| Prezo: | 10 euros |
| Inscrición: | 981 67 00 02 – 981 67 25 80 |



