Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

luns 28/01/2008

CLAUSURASE O V TORNEO MUNICIPAL DE TIRO OLMPICO

O pasado día 12 de xaneiro tivo lugar a cerimonia de clausura do V Torneo Municipal de Tiro Olímpico.  Este evento deportivo, disputouse ao longo do ano 2007 (o segundo sábado de cada mes), e foi organizado polo Club de Tiro Olímpico e o Concello de Carral. Nesta V edición, participaron 37 tiradores de toda a provincia divididos en 10 categorías diferentes, que abarcan tódalas idades e ámbolos dous xéneros. Ano tras ano, esta competición consolídase coma un dos torneos importantes da Comunidade Galega.

A duodécima e última xornada disputouse o sábado 15 de decembro, e dela caben destacar  a Juan Fontán (gañador en pistola veteranos), a Jorge Sánchez (Gañador en Pistola Senior), Miguel Sánchez (Pistola Cadete), Jesús García (Carabina Senior), Antonio Casal (Carabina Miras Pechadas Junior), Diego Fernández (Carabina Miras Abertas) e finalmente repite Miguel Sánchez Gómez na categoría de Pistola Estandar.

Unha vez rematada a xornada deportiva, celebrouse, o redor das 21.30 h,  unha cena na que tivo lugar a entrega de trofeos e diplomas desta  V edición do torneo a cargo do Alcalde D. José Luís Fernández Mouriño. Ao mesmo tempo, quedou inaugurada a nova edición 2008

Ver galera de fotos

voltar
Pululart