Novas
xoves 22/12/2011
Carral vólcase co xadrez na X edición do torneo de Nadal

O sábado, tivo lugar na Biblioteca Municipal a X edición do Torneo de Nadal de Xadrez organizada polo Concello de Carral. Neste torneo, xa clásico nas datas nas que nos encontramos, reuníronse un total de 29 competidores de toda a provincia; Carral, A Coruña, Cambre, Arteixo, Narón, Betanzos, Santiago, etc. Esta cifra, similar á do ano pasado, vén a confirmar a consolidación desta actividade como unha das máis participativas da programación deportiva de Nadal.
O torneo iniciouse arredor das 11.00 h e constou de 6 roldas a 15 min. por xogador. A sexta e última partida rematou ás 14.00 h, tras a cal Javier Campelo (Escola de Xadrez de Sigras-Cambre) se proclamou campión absoluto do torneo, xusto por diante de Luís Castelo (segundo) e de Santiago Aguiar (Terceiro). Os dous primeiro xadrecistas empataron no máis alto da clasificación con 5 vitorias cada un, cedendo unha única derrota en todo o torneo. Na categoría sub-16 o gañador foi Diego Bugliot, cuxa vitoria ten aínda máis mérito por ao ter el 11 anos. En segunda posición nesta categoría encóntrase Sergio Vilaboa e a terceira foi para Adrián Amado. En canto á categoría sub-12, o campión foi Daniel González, que alcanzou ademais o 9º posto na xeral. Seguiuno Carlos Moreira e terceiro foi Lucas Feijoo. Finalmente, o premio ao mellor xogador local recaeu en Iker Vázquez Ramallal.
Por último, a concelleira de Cultura, Mª Isabel López Pérez, fixo entrega dos premios aos gañadores.



