Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

venres 16/09/2011

O Quembre lzase co XIV Campionato Interparroquial de Chave de Carral

Na liña de apoio e promoción constante ao deporte tradicional na localidade, o Concello de  Carral xunto co Club de  Chave de Ans  organizaron ao longo deste verán a 14ª edición do xa clásico Campionato  Interparroquial de Chave. Esta competición que enfronta a equipos das diferentes parroquias do municipio naceu no 1997 co obxectivo de fomentar o encontro, a amizade e a unión entre as xentes das parroquias da localidade usando para iso este deporte tradicional enormemente arraigado no noso municipio.    

Esta 14ª edición arrancou o 6 de agosto e nela tomaron parte 6 equipos formados por  chaveiros federados e afeccionados de todas as parroquias da localidade. O formato da competición foi unha liguilla  na que se enfrontaron todos contra todos en encontros disputados os sábados a partir das 20.00 h nas diferentes canchas repartidas por todo o municipio. Os equipos participantes nesta edición foron" a Cervexaría Ou Voitre, "Pazo de Quembre, "Paleo  Kukas", "Cañás", "Pena Casa Couto" e "Mulleres Rurais", que reuniron a un total de 75 xogadores inscritos.            

A clausura deste torneo deportivo tivo lugar este sábado 10 no campo da feira de  Carral  onde se disputaron á vez todos os partidos da última xornada da liga estival. A esta última xornada foron tres os equipos que chegaron con opcións para alzarse co título (Paleo,  Quembre  e Pena Casa  Couto) polo que os encontros do día tiñan unha especial importancia para decidir o campionato. Despois dunha hora e media de disputados encontros, os resultados finais do torneo quedaron así:

 

1º O Pazo de Quembre, con 8 puntos e 386 chaves.

2º Peña Casa Couto, con 8 puntos e 325 chaves.

3º Paleo Kukas, con 6 puntos e 296 chaves.

4º O Buitre, con 3 puntos e 287 chaves.

5º Mulleres Rurais, con 3 puntos e 255 chaves.

6º Cañás, con 2 puntos e 196 chaves.

 

 

En canto ao trofeo de máximo  chaveiro  do campionato, recaeu sobre o xogador de Paleo, Mesías, que acadou un total de 79 chaves.

 

Unha vez rematados os enfrontamentos e a xeito de clausura, todos os deportistas e os seus acompañantes puideron gozar duns entremeses na que ademais se fixo entrega dos trofeos aos gañadores.

voltar
Pululart