Novas

Novas

xoves 04/08/2011

Comeza o XIV Campionato Interparroquial de Chave de Carral

Na liña de apoio e promoción constante ao deporte tradicional na localidade, o Concello de Carral xunto co Club de Chave de Ans organizarán ao longo deste verán a 14ª edición do xa clásico Campionato Interparroquial de Chave. Esta competición que enfronta a equipos das diferentes parroquias do municipio naceu no 1997 co obxectivo de fomentar o encontro, a amizade e a unión entre as xentes das parroquias da localidade usando para iso este deporte tradicional enormemente arraigado no noso municipio.

 

Esta edición arrancará o vindeiro  sábado 6 de agosto a partires das 20.00 h nas diferentes canchas da localidade, e nela tomarán parte 6 equipos formados por chaveiros federados e afeccionados de todas as parroquias da localidade; participarán equipos como:  A Cervexería “O Buitre” de San Vicente, “O Pazo” de Quembre, “Paleo Kukas” de Carral, “Cañás”, “Peña Casa Couto” tamén de San Vicente, e “Mulleres Rurais” de Paleo, reunindo todos eles aproximadamente 90 xogadores.

 

Todos eles tomarán parte nunha competición totalmente amizosa cun formato de liguiña, que constará de 5 xornadas distribuídas ao longo de todo o mes de agosto e primeiros de setembro. Finalmente para remate desta festa deportiva,  o día 10 de setembro, coincidindo cas festas patronais da localidade, os equipos xogarán unha xornada conxunta no Campo da Feira de Carral, despois da cal entregaranse os trofeos aos mellores equipos e a os máximos chaveiros do campionato. Despois tódolos participantes poderán degustar uns entremeses a cargo o Concello.

 

Nesta primeira xornada desta competición deportiva, que nos brindará os seguintes encontros:

Xornada 1ª (sábado 6 de agosto, 8 da tarde)

 

 

 

 

 

Equipo local

 

Equipo visitante

 

Cancha

Mulleres Rurais

-

Cañás

 

Bar Hórreo

Peña C.  Couto

-

O Buitre

 

Bar Couto

Quembre

-

Paleo

 

Local Social

voltar
Pululart