Novas

Novas

xoves 04/08/2011

Carral clausura os cursos de xullo e inaugura os de agosto

O xoves 28 de xullo, a concelleira de Cultura de Carral, Isabel López, clausurou os cursos de tenis que a entidade municipal organizou durante o mes de xullo coa entrega dun diploma a cada un dos participantes.

 

Foron un total de 23 os alumnos e alumnas que aprenderon as bases técnicas desta modalidade que tantos éxitos está a dar ao deporte español. As idades dos inscritos partían dos 5 anos en diante, con dúas horas de clase a semana distribuídas en outros dous días semanais. Segundo as idades e o nivel dos participantes fixéronse distintos grupos para que así o proceso de ensinanza e aprendizaxe fose máis eficiente.

 

Dende o departamento Municipal de Deportes  amosáronse enormemente satisfeitos pola gran acollida que tivo esta actividade incluída dento da programación deportiva municipal para este verán 2011.  Por esta razón e co fin de cubrir a demanda  detectada, a concellaría de deportes prorrogou este mes de agosto estes cursos de tenis, que contan xa con 20 inscritos. Este novo curso terá unha duración dun mes coa mesma carga horaria que o anterior e cun custo de 20€/alumno.

           
Moitos dos rapaces que acudiron durante o mes de xullo a os cursos, volvéronse inscribir para mellorar e ampliar o seu repertorio de reveses, directos, voleas, etc. Por esta razón son poucas as prazas que quedan dispoñibles para este segundo mes do verán, así que todo aquel que estea interesado aínda pode informarse na Casa da Cultura de Carral, no tlfo. 981.67.25.80 ou por correo electrónico deportes@concellocarral.com.

 

voltar
Pululart