Novas
venres 17/06/2011
O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO CURSO DE MONITORES DE TEMPO LIBRE.
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), organiza por segundo ano consecutivo, o curso de monitores de actividades de Tempo Libre. Este curso que se impartirá nos meses de verán, concretamente desde o 1 de xullo ó 12 de agosto, ten un total de 200 horas teórico-prácticas de duración e 150 horas prácticas. Ademais farase unha saída de 10 horas, e unha acampada entre os días 22 e 24 de xullo.
O prezo do curso é de 100 euros para os empadroados/as, e de 110 euros para os non empadroados, para as tan só 25 prazas existentes.
Para poder realizalo curso, e necesario ter cumpridos 18 anos e estar en posesión do titulo de Graduado Escolar, de Graduado en Educación Secundaria, ou Técnico Auxiliar en Formación Profesional.
Para ter mais información ou para facer a inscrición debese pasar pola Casa da Cultura ou chamar ó 981.67.25.80.
voltar



