Novas

Novas

venres 06/05/2011

Carral clausura o 4 curso de defensa persoal

O sábado 30 de abril o concello celebrou, no Complexo Deportivo de Carral, a 4ª edición do curso de defensa persoal. Esta actividade incorpórase por primeira vez á programación deportiva municipal de primavera, despois de que na anterior edición celebrada en xaneiro, os alumnos solicitáranlle ao alcalde que se realizasen máis cursos deste xénero.

O curso, que foi impartido polo mestre de Kung-fu Carlos López Manteiga, prolongouse dende as dez da mañá ata a unha do mediodía. Ao longo destas tres horas os asistentes, na súa maioría mulleres, puideron coñecer os fundamentos básicos de como evitar situacións perigosas e, no caso de que se produzan, como actuar ante unha situación de perigo persoal, tanto a nivel lexislativo, psicolóxico, como en técnicas físicas de autodefensa. O curso contou cunha pequena introdución teórica para dar paso aos fundamentos prácticos que se prolongaron ao longo de toda a mañá.       

Ao termo do mesmo, a concelleira de Deportes, Beatriz Gómez Bouzas, agradeceu a presenza de todos os alumnos e recalcou a importancia para a cidadanía da existencia de cursos similares. Ao finalizar a sesión, fixo entrega duns diplomas de asistencia.

voltar
Pululart