Novas

Novas

venres 18/03/2011

BUTACA VERDE PRESENTA UN DOCUMENTAL SOBRE O CAMBIO CLIMTICO

A Concellería de Cultura presenta este xoves 17 de marzo, o documental “2050, how soon is now?”, que aborda un dos maiores problemas que enfronta á humanidade: o cambio climático. Nel danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático, que foron entrevistadas no Cumio Mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal no 2006.

A película, incluída no ciclo Butaca Verde, organizado en colaboración co CEIDA,  proxectarase na Sala de Audiovisuais da Casa da Cultura, ás 19 h. A entrada é de balde ata completar aforo.

voltar
Pululart