Novas
martes 27/04/2010
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA O CURSO DE PANADERIA QUE SE IMPARTIRÁ NO CONCELLO DE CARRAL PROMOVIDO POLA EXCMA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E COFINANCIADO CON CARGO AO FONDO SOCIAL EUROPEO
O prázo ábrese dende o 5 de abril ata o 30 de abril para todas as persoas interesadas.
En cada unha das zonas desenvolveranse distintas accións formativas nas que calquera persoa que cumpra os requisitos e que esté empadroada nalgún dos concellos que formen parte dunha zona poderán inscribirse e participar no/s curso/s que se imparten na mesma.
ZONA 10
Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo
Os cursos aos que poden acceder as persos empadronadas nestes concellos son:
CARRAL: PANADERÍA
ORDES:MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS
O curso de Panadería de máis de 400 horas inclúe os módulos de elaboracións básicas de panaderia e bolleria:elaboración, almacenaxe, decoración e envasado.
O lugar de impartición será nas aulas de formación do Concello de Carral e nunha panadería carralesa.
Límite de prazas. Documentación necesaria:
Ficha inscrición
Fotocopia DNI
Fotocopia tarxeta de demandante de emprego
Certificado de empadronamento
Informe de vida laboral actualizado
Copia de titulación que acredite a posesión de formación académica e ou profesional
Documentación que acredite experiencia relacionada coa formación a impartir
Para máis información ou inscricións poden achegarse ao Concello de Carral e preguntar por Beatriz ou chamar ao 981670002 ou no email educacion@concellocarral.com
voltar



