Novas
xoves 22/04/2010
A POETA CHUS PATO OFRECERÁ UN COLOQUIO NA CASA DA CULTURA

A escritora Chus Pato visitará a Biblioteca Municipal o vindeiro luns 26 de abril, onde manterá un coloquio co Club de Poesía de Carral e co público que desexe acudir a esta charla.
A obra de Chus Pato, (Ourense, 1955) manifesta a característica transgresión posmoderna dos xéneros literarios, conformando unha escritura baseada na superación do concepto tradicional de poesía, acolle non só diferentes tipos textuais, desde o biográfico ata o ensaísmo filosófico, senón unha polifonía de voces que van desde a da propia autora, á dunha pléiade de personaxes imaxinarios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros: fragmentos teatrais, entrevistas, programas radiofónicos, etc.
Os seus poemas nacen da conciencia da non neutralidade, da non naturalidade da linguaxe.
O coloquio comezará ás 20 h.
voltar



