Novas
xoves 12/11/2009
O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA APUNTARSE AO PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"

O Concello ten aberto o prazo de inscrición para participar no programa "Xuntos polo Nadal", promovido pola Xunta de Galicia e dirixido ás persoas maiores e con poucos recursos que non teñen con quen pasar o Nadal.
Os maiores do Concello de Carral poderán gozar de xeito gratuito dunha estadía na residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense) dende o día 23 decembro ao 1 de xaneiro de 2010. O programa pretende que os maiores que se atopen sós, pasen estas datas do Nadal acompañados e nun clima de convivencia e participación.
Esta iniciativa está dirixida a persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 con baixos ingresos, que residan en Galicia, se vaian por sí mesmos e que non padezan trastornos mentais ou condutuais.
As persoas interesadas en participar neste programa deberán presentar a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais, no edificio Toñito Espiñeira, antes do día 26 de novembro. Para máis información poden chamar ó teléfono: 981 61 35 20.
voltar



