Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

venres 06/11/2009

O Plan Director de Infrestructuras do Concello de Carral vai supor un investimento de 12 millóns de euros

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, fixo esta mañá unha valoración positiva da reunión mantida esta semana coa presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle. Así, Fernández Mouriño destacou que a responsable de Augas recoñeceu a coincidencia de obxectivos entre o Plan Director de Infraestruturas do Concello de Carral e as directrices marcadas pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas para o saneamento integral dos municipios de Galicia, e en especial para os municipios na área de influencia das grandes cidades, como e o caso de Carral.

Actuacións que se iran levando a cabo por fases entre a Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e o propio Concello de Carral. O alcalde tamén quixo facer patente a colaboración de Emalcsa -Empresa Municipal de Augas da Coruña- no futuro desenvolvemento do Plan Director de Infraestruturas de Carral.

Referente de colaboración
Neste sentido, Fernández Mouriño destacou a traxectoria de colaboración que seguen, desde hai anos, o Concello de Carral e máis Emalcsa, que é a empresa concesionaria do subministro de auga potable en Carral. Así, esta experiencia de traballo pode servir de referencia aos concellos da área metropolitana da Coruña, nestes momentos nos que se está a xestar o proceso de construción dun grande consorcio de municipios.

Así, a xuízo de Mouriño a relación entre Emalcsa e o Concello de Carral ten o suficiente percorrido no tempo como para coñecer as fortalezas desta unión, en beneficio dos intereses dos veciños de Carral, que pode ser extrapolable ao resto dos concellos implicados na creación da nova entidade xestora dos servizos da grande área metropolitana da Coruña. O alcalde manifestou a súa disposición a colaborar coa súa experiencia nestes obxectivos comúns para a comarca.

Inundacións
Canto o tema das inundacións que se producen no casco urbano, nas zonas adxacentes á Nacional 550, o alcalde de Carral indicou que Augas de Galicia xa está a facer os estudos sobre o terreo. Todo indica a que o problema ven causado polo deficiente canalizado das augas pluviais e dos pequenos cauces que exiten no lugar.

Cando se levou a cabo hai 15 anos a ampliación da devandita vía de comunicación , que cruza o centro da vila, non se realizaron as obras de condución de pluviais e os cauces non se canalizaron correctamente. Mouriño indicou que segundo Augas de Galicia a obra non e sinxela pero que se está a traballar para encontrar unha solución definitiva a este problema.

voltar
Pululart