Novas

Estudio informativo eje atlántico de Alta Velocidad. Tramo A Coruña - Betanzos

Novas

luns 17/08/2009

O CONCELLO DE CARRAL CONVOCA AS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

O alcalde ven de aprobar as bases que rexerá a convocatoria de subvencións municipais destinadas ás entidades non lucrativas para a realización de actividades e investimentos. En total destínanse 22.000 euros a estas axudas.

Poderán solicitar estas subvencións as asociacións veciñais, culturais, deportivas, xuvenís, de pais e nais de alumnos, de mulleres e as comisións de festas. Deben figurar inscritas no Rexistro municipal de entidades non lucrativas.

O prazo para presentar as solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e estará aberto ata 20 días despois. As entidades interesadas poderán solicitar información sobre as subvencións nos departamentos de Cultura, Deportes e Educación.

As bases e impresos xa se poden descargar desde esta mesma web, accedendo no menú principal ao enlace Subvencións Municipais 2009.

Descargar bases subvencións municipais
Descargar impresos subvencións municipais

voltar
Pululart