Novas
venres 14/08/2009
V FEIRA DO CABALO – 30 DE AGOSTO DE 2009
O próximo 30 de agosto celébrase a quinta edición da FEIRA DO CABALO no Concello de Carral. O lugar de celebración será máis amplo que en anos anteriores ocupando a mesma finca para os concursos e as exhibicións. Na rúa Manuel Jesús Méndez Búa que está detrás do Concello.
A organización ten previsto comezar o evento ás 10,00 h da mańán alongando as actividades como se pode ver no cartel ata rematar as 18,00 h coa entrega de trofeos. Haberá premios en metálico en trofeos con escarapela para os cabalos. Aos Cabaleiros concursantes daremoslle un vale para xantar.
Invitámosvos a todos a participar neste evento no que podedes disfrutar un día diferente en familia visitando e comendo en Carral e cońecendo as distintas razas de cabalo existentes así como a exhibición de rejoneo, garrochas, sevillanas, ..etc
voltar



